jueves, 28 de mayo de 2009

Si mo vedes por ahí



Non vos estrañedes, a este individuo algúns coñecemolo no Encontro de Cambados 2.005, un catalán con camara facendo unha reportaxe, ainda que eu persoalmente nunca lle perdoarei que non me sacara a entrevista (mentira) ainda que non me estraña, domingo, ultimo día de Encontro e a primeira hora, hasta tiñamos gafas de sol.




Como decía si mo vedes por ahí non vos estrañedes, e o culpable na miña opinión, de que o noso traballo saira das nosas costas, en imaxenes con vida propia, que se espallara pola peninsula e que servira de referente a hora de darnos a valer diante da administración, estivo colgado na TV3 ou seu reportaxe para Thalasa feito o redor do Encontro cambadés.


Cando digo esto tamén son consciente de que moitos dos nosos nomes merecen esa culpa, pero e que él non soio veu aquí, de algún xeito quedouse con nos, voltou a Ferrol pola súa conta, virá a Muros casi seguro, porque lle apetece, estivo en Pedregalejo Malaga, de onde son as fotos que me pasou Joan Sol (outro que ben baila), porque esa e outra, él non sae nas fotos. E o traballo de dignificación que esta a realizar o leva a baterse todolos anos por que teñamos no Salón Nautic un "Espai de Marina Tradicional", ademais de empeñarse en que "Argo" vexa luz e sexa unha publicación referente no eido da Cultura Maritima.


E aquí tamén atopou o seu primo o noso "Trepa" así que si o vedes por ahí, chamase JOSEP ANTON TREPAT, nunca fai moito ruido, nin coa camara, e tamén e culpable de que o noso Uxio teña unha reportaxe que se emiteu na TV3, este foi o seu único erro coñecido je, je.

martes, 19 de mayo de 2009

OUTRA DE MUROS


Como xa se van sabendo cousas de que vai pasar en Muros e toda vez que xa está confirmada a inscripción dos cartaxeneros do Club Nautico de Santa Lucía ahí van unhas imaxenes de cando o encontro de Cambados.


Apareceron catro embarcacións moi lucidas e un gran velamen, a súa contrucción e realmente coidada e a súa obra viva está adaptada a superficie velica que soportan















Esta é unha foto de hai tempo, como podemos ver o das regatas non debía ser de agora senon unha tradición con moito arraigo, como se pode apreciar polo xeito de navegar de esta barca.


















Creo que se chamaba "Gitana" ou "Luna" e ante a cantidade de vento que facía fora do peirao fixeron as delicias dos asistentes o Encontro onde todos estaban amarrados, creo que ningún emborcou ainda que pouco faltou. A emoción estaba ahí.


Por Cambados apareceron así, lucido colorido e realmente fixeronse notar, pois incluso celebraron a súa presencia con unha paella que cociñaron na taberna mariñeira.






Ahí os tendes polo Mediterraneo nunha das súas.




Esta embarcación era emblematica do clube, pois reconstruirase a partir de un tablón da quilla, o seu propietario era un membro do C.N. Santa Lucia o Sr. García Carreño. Estivo en Barcelona celebrando as Velas pola Paz e cos seu coores amarelos na tripulación chamaban a atención onde iban, ahí os coñecemos e logo viñeron a Cambados e o patrón que os mandaba non era outro que un galego de Pontedeume, Diego, dende esa, sempre veñen.



E esta e unha imaxe que se podería repetir en Muros, Jorge boga na "Lui" mentras Ana a popa o anima, diante os rapaces de S. Tome, nun loro, bogaban a todo meter. Sabedes quen gañou?

Os de sempre, pero o meior foi que ali bogou todo o que quixo e gañamos todos.












miércoles, 13 de mayo de 2009

FRANCISCO FERNANDEZ REI


Ou Paco o de Xenxa, en Fefiñans.
Vai ter a súa homenaxe en Cambados, por conta da Asociación de libreiros de Pontevedra.

Para nos non é un decoñecido pola súa importante laboura literaria e de investigación da nosa lingoa. Membro da Real Academia Galega e activo defensor da nosa cultura e das súas xentes e cantas outras cousas mais.
Paco, foi tamén o presidente da Comisión Organizadora do VII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Cambados no ano 2.005. Tamén foi vice-presidente da FGCMF e a súa man pasa pola Ardentía, Apupos, e diferentes exposicións da FGCMF, sempre disposto a votar unha man no que faga falta.
Agora en Cambados vota tamén unha man no Ano Cabanillas.

PARABENS !! PACO.

O acto será o vindeiro sabado 16 no auditorio de Cambados e logo haberá unha cea no Traiña para quen queira anotarse.

Lola, José, Xenxa, Paco e Delfina no Museo do Mar o pasado ano.

martes, 12 de mayo de 2009

MUROS a proa!! Avante maquina!!




Aquí un servidor, tivo a oportunidade de falar cos representantes da Organización do Encontro, e ahí van as impresións.
Como vai o Encontro? Ben, moi ben, as dificultades que se poideron atopar inicialmente van sendo superadas e preveese un Encontro moi digno e participativo.


Que se espera do Encontro?. Principalmete poder poñer de manifesto a saude de todo movemento asociativo, que non disminue todo o contrario "progresa adecuadamente" e despois poñer de manifesto a potencialidade de Muros como marco paisaxistico e cultural.






Que nos ofrecerá Muros?. Sobre todo o agarimo de un pobo, e decir si algo temos que suliñar e a percepción do Encontro que está a ter a sociedade muradana e a súa predisposición a colaboración de todolos axentes sociais: Asoc. xuvenís, de mulleres, artesans, xubilados do mar, de veciños ... o problema vai ser darlle cabida a todalas propostas.

A que propostas vos referides?. Bueno todo mundo quere participar, as asociacións de mulleres querén encher os espacios de Muros, os de cotío, prazas rúas, con actividades, as asociacións de veciños propoñen actividades polos seus ametos de influencia, os xovenes fan propostas de músicas e espectaculos .... Cine, recitais, exposicións, obradoiros gastronomicos, artesanais, interactividade. Sen olvidarnos de Lira que tamén acollerá actos do Encontro o problema esta a ser evitar excesivos solapamentos de actividade e que sexan compatibles.









Músicas, recitais, cine ?. estase a contactar con grupos galegos de primeiro nivel para encher as noites do Encontro, sería prematuro dar nomes, pero traballase para que algún que nos acompañou recentemente volva de novo.





Tanto para o cine como para os recitais poeticos buscaranse entornos mais acolledores que a singulariedade arquitectonica de Muros nos ofrece e de seguro que serán un marco perfecto, nomes? non está pechado pero falase de "Crebinski" "Catro a Catro" e algunha sopresa artistica mais seguro que sae.


Regatas, navegación?. Bueno eso sempre está, pero trataremos de darlle un toque persoal.

Bueno logo de estas breves a esperar, todo vai ben.



E de regalo unha foto que a min me gusta, de unha entusiasta reparadora-preparadora e incansable do ris-ras. (Quere deixar de fumar)





Ela ten a súa embarcacións lista para Muros!! ... e ti?, a que esperas!!.

NON VIÑERON OS MAIS CARONS

Tivemos a oportunidade de ter o dos Grandes Veleiros en Vigo, a ocasión pintouse para facer unha cantidade de xogos de palabras do mais variado, sobre todo polo exito da convocatoria, logo facemos suxestións e si queredes hastra temos concurso con votacións, sería divertido.
Pero esta entrada vai pola devoción e decir polo que un ve e logo sinte e logo lee e para rematar pois cabrease con moderación.
Tiven a oportunidade de trasladar a dorna mais bonita do mundo para exponer en terra, na citada saida, e cando cheguei a onde a FGCMF tiña montada -e montadisima- a súa exposición a verdade e que era toda unha "chulería" ver un monte de metros de pantalán coas nosas embarcacións tradicionais, e verdade e que lucian e enchían, atraveríame a decir que elas e o veleiro ruso de dificil nome eran o atractivo mais importante. PERO o divertido son os señores encargados de difundir as noticias, eses que microfono en man ou camara en ristre pasean e escriben coa sua iñorancia sobre o tema, nin unha soia refrencia o noso, oichedes falar do Hidría? entraron a dentro coas camaras? viches algunha foto ou imaxen coas nosas embarcacións?, ren de ren, que penosiños son a ver cando se enteran.
E agora catro fotos que tirei, como quere ser unha "exposición" o lema será "Non tivemos maiscaróns" polo tanto unha de proas.

Na seguinte edición igual xa o "Illa de Cortegada" pode estar alí co seu fermoso arroas e teremos mascarón.

Suxestións que se fixeron para o acontecemento : "Cales Ships?" "Litlle Ships" ...